Chícharos con arroz e xamón
Información nutricional:
Kcal: 310,5
Proteínas: 13%
Hidratos de carbono: 37,9%
Lípidos: 49%
Ingredientes
- 90 g chícharos
- 60 g arroz
- 40 g cebola
- 20 g xamón serrano
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- pementa
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 20 a 30 minutos
Picar a cebola moi fina e refogala co dente de allo picado nunha cazola con aceite de oliva. Unha vez pochados engadir os taquiños de xamón; refogar e engadir os chícharos. Cubrir os chícharos con auga, salpementar e cocer a lume lento entre 20 e 30 minutos. Mentres, cocer o arroz con sal e auga, escorrer un pouco antes de que estea listo para engadilo aos chcícharos.
Vantaxes:
Os chícharos compóñense fundamentalmente de auga, pero destacan os hidratos de carbono, vitaminas do grupo B e C, minerais (fósforo e magnesio) e fibra , que aportan numerosos beneficios para o organismo. Estas substancias (en especial a vitamina C, calcio, magnesio, ácidos e fibras solubles) favorecen a circulación do sangue diminuíndo o colesterol. Posúen un efecto regulador do azucre en sangue que intervén no mantemento dos niveis. Aportan proteínas vexetais e minerais construtivos favorecendo o desenvolvemento das células e a súa renovación.