As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Cazola de garavanzos ao pobre

Cazola de garavanzos ao pobre

Información nutricional:

Kcal: 504,9
Proteínas: 13,2%
Hidratos de carbono: 45,2%
Lípidos: 41,6%

Ingredientes

  • 70 g garavanzos
  • 15 g touciño
  • 50 g óso espiñazo
  • 80 g pataca
  • 40 g cebola
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • loureiro
  • pementón doce
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Poñer auga a ferver e introducir os garavanzos (previamente remollados 12h). Engadirlle o touciño e o óso. Cando os garavanzos e a carne comecen a estar cocidos, engadir as patacas rotas. Deixar cocer 10-12 minutos máis. Mentres, se prepara un rustrido en aceite con allo e cebola picados, pementón doce e engádeselle ao potaxe case ao final. Comprobar de sal.

Vantaxes:
O nutriente principal dos garavanzos son os hidratos de carbono, dos cales o amidón é o máis abundante. Presenta un bo aporte proteico, pero sen diferenzas respecto dos demais legumes secos; ademais, son proteínas incompletas por falta de metionina (un aminoácido esencial). O contido que presenta de lípidos é maior ca no resto de legumes, destacando a presenza de ácidos insaturados como son o ácido oleico e linoleico. Os garavanzos presentan un elevado contido de folatos e tiamina, e minerais como calcio, fósforo, ferro, potasio e magnesio; ademais aportan unha gran cantidade de fibra.