Castañas cocidas
Ingredientes
Racións: 1 persona
- 35 g Castaña
- 0 g Licor doce (Anís)
- 1 g Sal
Instruccións
Antes de cocer as castañas, procedemos a quitarlles a casca exterior, deixando a pel. Botámolas nunha cazola cun chisco de sal, unhas pinguiñas de anís e bastante auga. Deixámolas cocer 30 ou 40 min.
Esta era un xeito máis de cociñar a castaña na Galicia rural de antano, por iso podía chegar a formar parte de todos os menús diarios. No almorzo preparábase con leite, ao mediodía utilizábase como gornición e pola noite podíanse tomar asadas ou cocidas. A castaña ten un gran valor nutritivo. É rica en hidratos de carbono e de absorción lenta, o que facía que se producise sensación de saciedade durante máis tempo. Tamén contén vitaminas do grupo B, magnesio e cobre, este último axuda a previr e combater a anemia, por iso antigamente tamén formaban parte da dieta das persoas enfermas.