As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Carne ao caldeiro

Carne ao caldeiro

Información nutricional:

Kcal: 347,2
Proteínas: 36,9%
Hidratos de carbono: 24,2%
Lípidos: 38,9%

Ingredientes

  • 120 g faldra tenreira
  • 1 (100g) pataca
  • 5 g unto
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementón doce
  • pementón picante
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cortar a carne en anacos e poñer en auga fría a cocer cun anaco de unto. Cando a carne estea branda, retirar da auga e cocer a pataca en anacos grandes.Servir a pataca cocida coa carne á beira e condimentar co sal o pementón mesturado (doce e picante ao 50%) e o aceite de oliva virxe extra.

Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía. A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta sa e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais, é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro.