As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Caldo galego

Caldo galego

Información nutricional:

Kcal: 245,2
Proteínas: 21,8%
Hidratos de carbono: 31,2%
Lípidos: 47,0%

Ingredientes

  • 50 g pataca
  • 50 g grelos
  • 25 g ósos espiñazo
  • 20 g orella porco
  • 20 g óso galiña
  • 20 g chourizo caseiro
  • 15 g fabas brancas
  • unto
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: Más de 1 hora minutos

Poñer en auga fría a cocer as fabas remolladas 12h co unto, os ósos e a orella. Ó cabo de 1hora e media, retirar os ósos e carne, engadir as patacas rotas e os grelos deixando cocer 20 min máis.

Vantaxes:
O principal compoñente da pataca, despois da auga, é o amidón. Cabe destacar o seu baixo aporte de proteínas e graxas. Ademais é unha importante fonte de minerais como potasio, magnesio e fósforo, e vitaminas do grupo B (tiamina, niacina) e vitamina C. Estas substancias son beneficiosas para o organismo, xa que melloran as doenzas relacionadas cos riles ou cistite. É aconsellable o seu consumo pola súa acción diurética e depuradora. Os grelos presentan un alto contido en vitamina A, C e ácido fólico, ademais de diversos minerais como calcio, potasio, sodio e ferro. Nesta especie predominan unha serie de substancias relacionadas co seu amargor (glucosinolatos alifáticos), ás que se lle atribúen propiedades anticanceríxenas.