Caldo de grelos
Ingredientes
Racións: 1 persona
- 5 g Aceite de oliva
- 40 g Cebola
- 75 g Grelo
- 50 g Pataca
- 1 g Pementa negra
- 1 g Sal
Instruccións
Cocemos, durante 45 min ou 1 h, a cebola, o aceite, as patacas cortadas en anacos e os grelos. Por último, engadímoslle un chisco de pementa e o sal.
O grelo está presente en toda Galicia. Este é un dos seus pratos máis coñecidos. O grelo é a folla do nabo. A súa época de produción vai de decembro a marzo. Posúen poucas calorías polo que son adecuados para incluír en dietas de adelgazamento. Son fonte de vitamina A que aumenta as defensas, ten efecto antienvellecemento e esencial para ósos, cartilaxes e dentes. Tamén teñen vitamina K que é coagulante do sangue e promove a formación ósea no noso organismo.