Caldo de castañas
Ingredientes
Racións: 1 persona
- 5 g Aceite de oliva
- 5 g Allo
- 140 g Castaña
- 50 g Cebola
- 0.5 g Sal
- 10 g Touciño
- 5 g Vinagre
Instruccións
Unha vez que estea eliminada a casca das castañas férvense en auga durante uns minutos e sálganse. Escórrense, elimínase a pel das castañas e córtanse á metade para, posteriormente, introducilas nunha cazola con auga, sal, unha cebola enteira, un dente de allo e un anaco de touciño ou orella de porco. Cócense durante unha hora e media ata que as castañas estean feitas. Despois, engadirase ao caldo un refrito composto por cebola picada, aceite e un chorriño de vinagre. Finalmente, pódese optar por deixar a carne no caldo ou colocala noutro recipiente independente do caldo.
A castaña foi un produto básico na alimentación galega, sobre todo na parte oriental das provincias de Lugo e Ourense, onde eran abundantes as plantacións de castiñeiros. Este caldo consumíase os días fríos de inverno, e era máis habitual nas zonas montañosas cando había neve e era difícil a recolección de verduras. Aproveitando este feito engadíanselle as castañas que se tiñan do outono.