Caldeirada de xarda
Ingredientes
Racións: 1 persona
- 10 g Aceite de oliva
- 10 g Allo
- 140 g Xarda
- 40 g Cebola
- 40 g Chícharo
- 0.5 g Loureiro
- 100 g Pataca
- 0.5 g Pemento doce
- 40 g Pemento vermello
- 0.5 g Sal
Instruccións
Nunha cazola, refogamos en aceite pementos e cebola. Engádense as patacas en toros e cóbrense con auga. Aos 10 min, póñense os chícharos e o peixe deixando cocer 5 min máis. Unha vez feito, escórrese a auga sobrante e sérvese cun pouco de allada por enriba.
A cabala é un peixe azul cun contido graxo elevado. Trátase de ácidos graxos omega 3 que facilitan a diminución de colesterol e triglicéridos no sangue e reducen o risco de padecer enfermidades coronarias. Entre as vitaminas que contén a cabala destacan a B12, importante para o metabolismo, ademais de axudar á formación de glóbulos vermellos no sangue e ao mantemento do sistema nervioso central; e a B3 que beneficia ao sistema circulatorio. Destaca tamén a súa alta contribución proteica. Como inconveniente sinalar o seu contido en purinas que non a fai moi recomendable para persoas que sofren gota.