As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Caldeirada de raia

Caldeirada de raia

Información nutricional:

Kcal: 341,3
Proteínas: 34,5%
Hidratos de carbono: 35,4%
Lípidos: 30,0%

Ingredientes

  • 150 g raia
  • 1 (100g) pataca
  • 40 g cebola
  • 40 g pemento vermello
  • 20 g chícharos
  • 2 dentes (10g) allo
  • 3 culleradas (15mL) aceite oliva
  • pementón doce
  • loureiro
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cortar o peixe en tranchas. Nunha cazola refogar en aceite os pementos e cebola. Engadir as patacas en rebandas e cubrir con auga. Aos 10min poñer os chícharos e o peixe deixando cocer 10 min máis. Escorrer o auga sobrante e servir cun pouco de salsa de allo por enriba.

Vantaxes:
A raia é un peixe branco e, polo tanto, cun baixo contido lipídico. O seu aporte proteico tamén é reducido, pero de alto valor biolóxico, xa que contén todos os aminoácidos esenciais. Tamén aporta vitaminas e minerais pero en cantidades pouco significativas.