As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Caldeirada de peixe sapo

Caldeirada de peixe sapo

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 20 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 50 g Cebola
  • 50 g Chícharo
  • 120 g Pataca
  • 1 g Pemento doce
  • 160 g Peixe sapo
  • 1 g Sal

Instruccións

Sofritimos na base dunha cazola o pemento e a cebola, unha vez que adquiran cor engadimos o pescado fileteado, as patacas en toros e cubrimos todo con auga. Cocemos, e 5 min antes de retirar do lume incorporamos os chícharos para que estes non se pasen. O prato servirase cuberto por unha allada feita en aceite quente con allos e pemento para darlle así maior gusto ao prato.

O peixe sapo era un peixe pouco valorado. É coñecido por este debido ao seu aspecto. As "caldeiradas" feitas con este peixe son frecuentes na Galicia costeira e cocíñanas os mariñeiros no barco, engadindo tamén outros peixes, e tamén adoitan facerse nas tabernas dos portos. O peixe sapo non ten escamas nin espiñas, isto facilita que o consuma a poboación infantil e as persoas maiores. Debido ao seu baixo contido graxo resulta doado de dixerir e, ademais, posúe poucas calorías que beneficia as persoas que seguen dietas de adelgazamento.