Caldeirada de cordeiro
Información nutricional:
Kcal: 943,6
Proteínas: 32,7%
Hidratos de carbono: 23%
Lípidos: 44,3%
Ingredientes
- 200 g cordeiro
- 2 (200 g) pataca
- 1/2 vaso (150 mL) caldo carne
- 75 mL viño branco
- 15 g pan
- 15 g cebola
- 15 g pemento vermello
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- loureiro
- pementa branca
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 30 a 40 minutos
Cortar o cordeiro en anacos, salpementar e dourar nun pouco de aceite. Separadamente, nunha pota refogar en aceite o allo, a cebola e o pemento vermello co loureiro. Engadir o cordeiro, mollar con viño branco, deixar reducir e cubrir con caldo. Deixar cocer ata que estea tenro. Sacar da salsa engadir o pan frito e triturar a salsa. Engadir a pataca previamente frita e cortada en dados. Deixar cocer todo xunto uns minutos e empratar nunha cazola.
Vantaxes:
O cordeiro é un dos animais con maior porcentaxe de graxa concentrada, sobre todo como graxa saturada. En canto ás vitaminas, destacan as do grupo B, como a B2 e a B12, e en menor medida, a B1 e a B3. A carne de cordeiro é boa fonte de ferro hemo, ferro que se absorbe facilmente. Este nutriente é necesario para a formación de hemoglobina e un aporte adecuado do mesmo prevén a anemia ferropénica. Ademais, destacan na súa composición fósforo, sodio e zinc. Por todas estas características, o seu consumo moderado é aconsellable para persoas sas, de calquera idade.