As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Caldeirada de congro

Caldeirada de congro

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 15 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 50 g Cebola
  • 150 g Congro
  • 40 g Chícharo
  • 100 g Pataca
  • 1 g Pemento doce
  • 0.4000000059604645 g Sal

Instruccións

Nunha cazola con aceite, douramos o allo e a cebola. Posteriormente, cortamos as patacas en toros e engadímolas ao recipiente cuberto de auga. Deixamos transcorrer 10 min e botamos os chícharos e o peixe. Tras 5 min máis de tempo, escorremos a auga e colocamos no prato. Por ultimo, refogamos o prato coa allada.

O congro é un dos peixes con maior contido de vitamina A esencial para a retina e tamén para a función inmunitaria. Aínda que é un peixe semigraxo o seu contido de calorías non é elevado. É unha fonte de vitamina B1 que é importante no metabolismo dos hidratos de carbono, no funcionamento do corazón, nos músculos e no sistema nervioso, e de vitamina B2 importante para o crecemento corporal e a produción de glóbulos vermellos. Os chícharos que acompañan o congro proporcionan fibra e enerxía polo seu contido en hidratos de carbono e proteínas. As patacas tamén conteñen hidratos de carbono, vitamina C e potasio que favorece a eliminación de líquidos polo que son adecuadas para persoas hipertensas.