As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Caldeirada de abadexo

Caldeirada de abadexo

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 200 g Abadexo
  • 20 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 50 g Cebola
  • 155 g Pataca
  • 1 g Pemento doce
  • 1 g Sal

Instruccións

Sofritimos, na base dunha cazola, allo e cebola. Unha vez que adquiran cor engadimos o pescado, as patacas en toros e cubrimos todo con auga. O prato servímolo cuberto por unha allada feita, en aceite quente, con allos e pemento, para darlle, así, maior gusto ao prato.

A orixe da "caldeirada" provén da que facían os mariñeiros no mesmo barco cando pescaban. O peixe cocíase en caldeiros metálicos, de aí o nome de "caldeirada" e facíase co peixe que non ía destinado á venda. Esta "caldeirada" que se facía nos barcos ou no porto pasou a facerse nas cociñas, posteriormente, con peixe branco, como neste caso é o abadexo. O abadexo é un peixe branco, considerado como magro, polo seu mínimo contido en graxas. É rico en vitaminas A, D e B12 que se atopan sobre todo no seu fígado. Contén proteínas de calidade e graxas insaturadas do tipo omega 3 que protexen o corazón e preveñen de ataques cardíacos e de trombose cerebral.