As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Caldeirada

Caldeirada

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 15 g Aceite de oliva
  • 4 g Allo
  • 68 g Pescada
  • 34 g Mero
  • 85 g Pataca
  • 1 g Pemento doce
  • 72 g Peixe sapo
  • 28 g Raia
  • 24 g Rodaballo
  • 2 g Vinagre

Instruccións

Sofritimos uns allos e, unha vez que adquiran cor, engadimos as patacas en toros e cubrimos con auga. Cocemos e, 5 min antes de que as patacas estean completamente feitas, engadimos os anacos das diferentes especies de peixe. Servimos o prato cuberto por unha allada feita en aceite quente con allos, pemento e vinagre, isto daralle maior gusto ao prato.

Considérase que este prato tivo a súa orixe cando os pescadores para aproveitar o que pescaban facían este guiso composto de peixe fresco. Cociñábase con multitude de peixes diferentes que non ían destinados á venda, e os pescadores ás veces no propio barco cociñaban o peixe nun caldeiro metálico, de aí o nome de "caldeirada". Nalgúns lugares da provincia da Coruña tamén se consome acompañado de marisco.