Cabala á brasa envolta en verza
Ingredientes
Racións: 1 persona
- 100 g Xarda
- 2 g Loureiro
- 40 g Repolo
- 1 g Sal
Instruccións
Introducimos unha folla de loureiro na peza a través dun pequeno corte, despois cubrimos completamente a cabala cunha folla de verza ou repolo, de maneira que ao colocala nas brasas esta a protexa do fogo directo. Por último engadimos o sal. Retiramos a peza cando a folla comece a parecer torrada. Comeremos quente.
Esta forma de cociñar a cabala é moi interesante polo seu contido en graxa xa que é un xeito de que perda parte dela. Para asala é necesario que o tamaño da cabala sexa mediano. Envólvese cunha verza para protexela á hora de asala xa que debido ao seu grosor evita que se queime. Esta forma de asar pódese aplicar a outros peixes de certo tamaño.