Brócoli refogado con gambas ao allo
Información nutricional:
Kcal: 191
Proteínas: 35,2%
Hidratos de carbono: 11,6%
Lípidos: 53,2%
Ingredientes
- 150 g brócoli
- 50 g gambas
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- chile
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 20 a 30 minutos
Cocer o brócoli ao vapor, sen pasar en exceso e reservar. Nun pouco de aceite de oliva dourar o alo fileteado e a guindiña. Engadir as gambas e refogar un minuto. Engadir o brécol e deixar quentar todo xunto.
Vantaxes:
O brócoli é un alimento con alto contido de antioxidantes e betacarotenos. Igualmente posúe un elevado aporte de vitaminas A, B2 e C, con propiedades diuréticas e depuradoras do sangue. Este vexetal está composto, ademais, por unha elevada cantidade de auga (80-90%). Aporta gran cantidade de fibra dietética e ácido fólico. Con respecto ós minerais, subministra cantidades significativas de potasio, fósforo, ferro e calcio, o que lle confiren importantes propiedades antianémicas.