As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Brócoli con salsa Soubise (bechamel con cebola)

Brócoli con salsa Soubise (bechamel con cebola)

Información nutricional:

Kcal: 301,3
Proteínas: 20,8%
Hidratos de carbono: 21,0%
Lípidos: 58,2%

Ingredientes

  • 150 g brócoli
  • 100 mL leite desnatado
  • 40 g xamón serrano
  • 40 g cebola
  • 6 g fariña
  • 1 cullerada (6mL) aceite oliva
  • pementa branca
  • noz moscada
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cocer o brócoli ao vapor sen pasar en exceso. Preparar unha salsa bechamel con cebola: quentar o aceite e refogar sen que tome cor a cebola en xuliana, engadir a fariña removendo sen cesar. Engadir o leite quente e sen parar de remover. Dar o toque de pementa e noz moscada. Engadirlle uns tacos de xamón. Cubrir o brócoli coa salsa e servir.

Vantaxes:
O brócoli é un alimento con alto contido de antioxidantes e betacarotenos. Igualmente posúe un elevado aporte de vitaminas A, B2 e C, con propiedades diuréticas e depuradoras do sangue. Este vexetal está composto, ademais, por unha elevada cantidade de auga (80-90%). Aporta gran cantidade de fibra dietética e ácido fólico. Con respecto ós minerais, subministra cantidades significativas de potasio, fósforo, ferro e calcio, o que lle confiren importantes propiedades antianémicas.