As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Brócoli á crema con xamón

Brócoli á crema con xamón

Información nutricional:

Kcal: 301,8
Proteínas: 18,4%
Hidratos de carbono: 43,1%
Lípidos: 38,6%

Ingredientes

  • 150 g brócoli
  • 1 (100g) pataca
  • 100 mL leite desnatado
  • 20 g xamón en tacos
  • 6 g fariña
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • noz moscada
  • pementa branca
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cocer o brócoli en auga abundante, refrescar e escorrer. Á parte preparar unha bechamel: quentar o aceite nun cazo e engadir a fariña. Remover con variña e engadir o leite quente. Remover ata que ferva e espese. Engadir sal, pementa e noz moscada ao gusto. Engadir os taquiños de xamón e o brócoli deixando cocer todo xunto uns minutos máis. Acompañar de pataca cocida.

Vantaxes:
O brócoli é un alimento con alto contido de antioxidantes e betacarotenos. Igualmente posúe un elevado aporte de vitaminas A, B2 e C, con propiedades diuréticas e depuradoras do sangue. Este vexetal está composto, ademais, por unha elevada cantidade de auga (80-90%). Aporta gran cantidade de fibra dietética e ácido fólico. Con respecto ós minerais, subministra cantidades significativas de potasio, fósforo, ferro e calcio, o que lle confiren importantes propiedades antianémicas.