Braseado de verduras con pataca e aliño de módena
Información nutricional:
Kcal: 205,6
Proteínas: 10,0%
Hidratos de carbono: 66,8%
Lípidos: 23,2%
Ingredientes
- 120 g pataca
- 100 g cebola
- 70 g tomate
- 60 g pemento verde
- 60 g pemento vermello
- vinagre módena
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- pementa
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 30 a 40 minutos
Fornear todas as verduras enteiras, previamente lavadas, a 170 ºC. Retirar cando estean asadas (aproximadamente 1 hora). Seguidamente, quitar as sementes dos pementos e cortar en tiras, cortar en cuartos a cebola e o tomate e colocar nunha fonte fonda para que se mesturen todos os mollos. Engadir sal, aceite de oliva e vinagre de módena. Deixar a mestura en maceración polo menos durante unha hora. Acompañar de pataca cocida. Servir quente ou frío.
Vantaxes:
A combinación de pementos verde e vermello, cebola e tomate aporta ao organismo importantes cantidades de vitaminas do grupo B, A e C, e minerales tales como potasio, magnesio, ferro ou calcio, entre outros. Ademais presentan substancias cun elevado poder antioxidante, propiedade que favorece a loita fronte aos radicais libres que provocan o envellecemento celular.