Bonito escabechado
Información nutricional:
Kcal: 401,3
Proteínas: 33,7%
Hidratos de carbono: 24,2%
Lípidos: 42,1%
Ingredientes
- 130 g lombo bonito
- 1 (100g) pataca
- 50 g cebola
- 50 g cenoria
- 30 mL vinagre
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- loureiro
- tomiño
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 40 a 50 minutos
Facer un escabeche: quentar o aceite, pochar as verduras e as herbas e engadir o vinagre. Cortar o bonito en anacos pequenos e cociñar dentro do escabeche. Acompañar de pataca.
Vantaxes:
O bonito clasifícase dentro dos denominados peixes azuis, que se caracterizan polo seu contido en graxa omega 3. Este tipo de graxa ten un efecto moi beneficioso para a saúde, xa que contribúe a diminuír o colesterol sanguíneo e outros factores de risco das enfermidades cardiovasculares. Ademais, o peixe azul aporta proteínas de boa calidade e vitaminas, entre as que destaca a vitamina D.