Biscoito de laranxa
Información nutricional:
Kcal: 442,2
Proteínas: 6,0%
Hidratos de carbono: 51,1%
Lípidos: 42,9%
Ingredientes
- 22,5 g manteiga
- 22,5 g ovo
- 30 g fariña
- 1 (120g) laranxa
- 22,5 g azucre
- 2 g azucre glacé
- 3 g fermento químico
Instruccións
Tempo preparación: De 30 a 40 minutos
Poñer a manteiga en pomada no microondas a potencia de desconxelación; non debe fundirse. Engadir o azucre branco e disolver. Engadir un pouco de fariña. A continuación, o ovo ós poucos e seguir batendo. Finalmente, engadir a fariña restante mesturada co fermento. Engadir a reladura e o zume de media laranxa. Introducir nun molde de silicona ou de latón, previamente untado de manteiga, e adornado de fariña e cocer ó forno 175-180ºC 35 min. dependendo da altura do molde. Desmoldar e decorar con azucre glacé.
Vantaxes:
A laranxa é unha importante fonte de vitamina C, flavonoides e beta-caroteno, cardiovasculares.
Outros compoñente que lle reportan numerosos beneficios son ácido fólico e fibra soluble, elevado contido en auga, potasio, ácido cítrico e ácido oxálico.
Entre estes beneficios cabe destacar a función antioxidante, inhibición da oxidación do LDL-c colesterol “malo”), polo que se fai moi interesante de cara á prevención de enfermidades. Ten un efecto diurético e favorece a eliminación do ácido úrico e das súas sales.
Inconvenientes:
O ácido oxálico que conteñen as laranxas pode formar sales co calcio e formar oxalato cálcico, polo que o seu consume pode agravar casos de cálculos renais.