As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Biscoito de chocolate

Biscoito de chocolate

Información nutricional:

Kcal: 394,8
Proteínas: 3,6%
Hidratos de carbono: 47,9%
Lípidos: 48,4%

Ingredientes

  • 25 g fariña
  • 22,5 g manteiga
  • 10 g chocolate
  • 1 pequeno (30g) ovo
  • 22,5 g azucre
  • 4 g fermento químico

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Empomar a manteiga no microondas a potencia de desconxelación. Engadir batendo, a xema de ovo e o azucre. Engadir o chocolate fundido no microondas e,a continuación, a clara montada a punto de neve. Finalmente, mesturar con coidado a fariña co fermento químico. Enmoldar e cocer no forno a 175ºC ata que ó insertar un pauciño resulte seco.

Vantaxes:
O chocolate é un alimento graxo. Atribúenselle efectos terapéuticos grazas á presenza de antioxidantes, como os polifenois, taninos, flavoniodes e fitoesterois. Estas substancias son boos cardio protectores. Teñen alto poder anticoagulante, diminúen os niveis de LDL e regulan a presión arterial. O cacao, ademais, contén teobromina, substancia que exerce unha acción tónica sobre o organismo, estimula a circulación sanguínea e ten poder diurético.