As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Bertorella ás finas herbas

Bertorella ás finas herbas

Información nutricional:

Kcal: 428,9
Proteínas: 49,9%
Hidratos de carbono: 23,9%
Lípidos: 26,2%

Ingredientes

  • 150 g bertorella
  • 100 mL caldo peixe
  • 60 g cebola
  • 50 g arroz
  • 5 g fariña
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • perexil
  • ceboliño
  • estragón
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Limpar o peixe e cortar en rebandas. Sazonar con sal e marcar lixeiramente no ferro. Facer a salsa velouté: refogar a fariña no aceite sen que se toste e engadir o caldo de peixe quente. Salgar, debe quedar como unha bechamel lixeira. Engadir as herbas picadas finamente. Cocer arroz en branco aparte e colocar a bertorella sobre o arroz e cubrir coa salsa.

Vantaxes:
A brótola ou bertorella, nome polo que se coñece comercialmente a esta especie, é un peixe branco, aínda que dependendo da época e do seu tamaño tamén se lle pode considerar peixe semigraxo. Os peixes brancos son baixos en graxas; ricos en proteínas de alto valor biolóxico e posúen diferentes vitaminas e minerais. Destacan polo seu contido en vitaminas do grupo B (B1, B2, B3, B9, B12). En relación aos minerais, os peixes brancos posúen potasio, fósforo e magnesio, aínda que todos eles están presentes en cantidades medias se se comparan coas contidas na maior parte dos peixes.