As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Bertorella á cazola

Bertorella á cazola

Información nutricional:

Kcal: 548,3
Proteínas: 40,6%
Hidratos de carbono: 24,4%
Lípidos: 35,0%

Ingredientes

  • 150 g bertorella
  • 1 (100g) pataca
  • 75 mL caldo peixe
  • 30 g ovo
  • 20 g chícharos
  • 20 mL viño branco
  • 20 g espárragos blancos
  • 20 g cebola
  • 8 g fariña
  • 1 dente (5g) allo
  • 3 culleradas (15mL) aceite oliva
  • perexil
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Preparar unha salsa verde: refogando en aceite o allo e a cebola picados sen deixar que tome cor. Engadir a fariña e o viño, deixando reducir o alcol. Mollar co caldo de peixe e deixar cocer 5 min. Engadir o perexil picado e salgar. Colocar o peixe na cazola e engadir a salsa. Meter no forno a 180ºC, 10-15 minutos e ao sacar acompañar de pataca cocida, espárrago branco, chícharos cocidos e ovo duro.

Vantaxes:
A brótola ou bertorella, nome polo que se coñece comercialmente a esta especie, é un peixe branco, aínda que dependendo da época e do seu tamaño tamén se lle pode considerar peixe semigraxo. Os peixes brancos son baixos en graxas; ricos en proteínas de alto valor biolóxico e posúen diferentes vitaminas e minerais. Destacan polo seu contido en vitaminas do grupo B (B1, B2, B3, B9, B12). En relación aos minerais, os peixes brancos posúen potasio, fósforo e magnesio, aínda que todos eles están presentes en cantidades medias se se comparan coas contidas na maior parte dos peixes.