Berenxenas reenchidas
Información nutricional:
Kcal: 219,4
Proteínas: 19%
Hidratos de carbono: 18,4%
Lípidos: 62,6%
Ingredientes
- 125 g berenxena
- 30 g xamón cocido
- 1/3 (40 g) cebola
- 10 g queixo relado
- 50 g tomate pelado lata
- 1 cullerada (5mL) aceite oliva
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 30 a 40 minutos
Cortar a berenxena pola metade lonxitudinalmente e facer incisión cun coitelo. Introducir 10 min. no forno e sacar a carne coa axuda dunha culler para picala despois. Nunha cazola con aceite refogar a cebola picada, engadir a berenxena, o tomate e o xamón picado. Deixar cocer un par de minutos e probar de sal. Reencher as berenxenas coa mestura. Cubrir de queixo e gratinar lixeiramente.
Vantaxes:
A berenxena é moi pouco enerxética, o 92% da súa composición é auga. Contén vitaminas do grupo B, A, C e ácido fólico; o mineral máis abundante é o potasio, e en menor medida fósforo, calcio, magnesio e ferro. O seu leve sabor amargo é debido á gran cantidade de compoñentes antioxidantes que posúe, por iso é recomendado o seu consumo en dietas de adelgazamento.