Bacallau en salsa verde
Información nutricional:
Kcal: 366,7
Proteínas: 62,4%
Hidratos de carbono: 32,5%
Lípidos: 5%
Ingredientes
- 150 g bacallau
- 1 (100g) pataca
- 1/2 vaso (100mL) caldo pescado
- 30 g cebola
- 1 dente (5g) allo
- 10 g espárrago branco
- 20 g chícharos
- 5 g fariña
- perexil
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 30 a 40 minutos
Preparar unha salsa verde: refogar en aceite o allo e a cebola picados sen que tome cor. Engadir un pouco de fariña e caldo de peixe. Deixar cocer 10 min e engadir perexil picado. Cocer o bacallau 5 minutos ao vapor e logo introducir na salsa cocendo 5 minutos máis. Acompañar dunhas patacas redondas cocidas, chícharos e espárrago.
Vantaxes:
O bacallau é un peixe branco, polo que posúe un baixo contido graxo. É rico en proteínas de alto valor biolóxico e ademais posúe gran variedade de vitaminas e minerais.
O bacallau salgado contén importantes cantidades de sodio, pero cando se pon a remollo esta cantidade diminúe considerablemente, polo tanto, as persoas que padezan hipertensión ou con problemas de retención de líquidos poden consumilo perfectamente, sempre que o proceso de desalgado sexa adecuado.