Bacallau ao falso pil-pil
Información nutricional:
Kcal: 419,1
Proteínas: 39,7%
Hidratos de carbono: 27%
Lípidos: 33,3%
Ingredientes
- 150 g bacallau
- 1 (100g) pataca
- 30 g cebola
- 2 dentes (10g) allo
- 5 g fariña
- 3 culleradas (15mL) aceite oliva
- caiena
- perexil
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 20 a 30 minutos
Cocer o bacallau e reservar. No aceite de oliva refogar o allo e caiena ata que se doure. Engadir un pouco de fariña e a continuación unha pouca de auga de cocer o bacallau. Esperar a que ferva e dar a textura adecuada. Introducir nunha cazola de barro co bacallau e deixar que ferva. Cubrir con perexil picado. Acompañar de pataca cocida.
Vantaxes:
O bacallau é un peixe branco, polo que posúe un baixo contido graxo. É rico en proteínas de alto valor biolóxico e ademais posúe gran variedade de vitaminas e minerais.
O bacallau salgado contén importantes cantidades de sodio, pero cando se pon a remollo esta cantidade diminúe considerablemente, polo tanto, as persoas que padezan hipertensión ou con problemas de retención de líquidos poden consumilo perfectamente, sempre que o proceso de desalgado sexa adecuado.