Bacallau ao allo torrado
Información nutricional:
Kcal: 443,9
Proteínas: 38,6%
Hidratos de carbono: 12,9%
Lípidos: 48,5%
Ingredientes
- 150 g bacallau
- 50 g puré de pataca
- 50 mL leite desnatado
- 20 g maionesa
- 5 g améndoa
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada (5mL) aceite oliva
- pementón doce
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 20 a 30 minutos
Cocer o bacallau lixeiramente (5-8 minutos). Escorrer. Mesturar a maionesa coa améndoa e o allo picado. Cunha espátula estender unha capa sobre o bacallau e introducir no forno a gratinar ata que se torre lixeiramente. Acompañar dun puré de pataca ó que se engadirá un sofrito do aceite de oliva con pementón.
Vantaxes:
O bacallau é un peixe branco, polo que posúe un baixo contido graxo. É rico en proteínas de alto valor biolóxico e ademais posúe gran variedade de vitaminas e minerais.
O bacallau salgado contén importantes cantidades de sodio, pero cando se pón a remollo, esta cantidade diminúe considerablemente, polo que, as persoas que padezan hipertensión ou con problemas de retención de líquidos, poden consumilo perfectamente, sempre que o proceso de desalgado sexa adecuado. Por outra parte, o allo presenta numerosas propiedades medicinais, desde unha acción depurativa e tonificante do organismo a propiedades vitalizadoras. Tamén se lle atribúen propiedades antirreumáticas e antigotosas, ademais de ser expectorantes e anticatarrais.
Inconvenientes:
Inconvenientes do allo: mal sabor de boca que deixa o seu consumo, aínda que se pode contrarrestar mastigando unha rama de apio ou perexil fresco, ou preparando un enxugue bucal con auga tibia e zume de limón.