Bacallau á prancha e ao aceite de allo
Información nutricional:
Kcal: 303
Proteínas: 54,9%
Hidratos de carbono: 28,5%
Lípidos: 16,5%
Ingredientes
- 150 g bacallau
- 1 (100g) pataca
- perexil
- 2 dentes (10g) allo
- 1 cullerada (5mL) aceite oliva
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 20 a 30 minutos
Cocer as patacas cortadas en rebandas. Poñer o bacallau na prancha ata que se cociñe totalmente. Servir o bacallau sobre as patacas e salsear co aceite resultante de fritir os dentes de allo enteiros e con pel. Decorar con perexil.
Vantaxes:
O bacallau é un peixe branco, polo que posúe un baixo contido graxo. É rico en proteínas de alto valor biolóxico e ademais posúe gran variedade de vitaminas e minerais. O bacallau salgado contén importantes cantidades de sodio, pero cando se pón a remollo, esta cantidade diminúe considerablemente, polo que as persoas que padezan hipertensión ou con problemas de retención de líquidos, poden consumilo perfectamente, sempre que o proceso de desalgado sexa adecuado.