As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Bacallau á mariñeira

Bacallau á mariñeira

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 10 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 150 g Bacallau fresco sen sal
  • 60 g Ceboliña
  • 30 g Mexillón
  • 100 g Pataca
  • 1 g Sal
  • 50 g Viño branco

Instruccións

Poñemos nunha cazola un pouco de aceite, a ceboliña, as patacas en toros, o allo e un pouco de auga. Deixamos que ferva, a lume lento, durante 10 min, pasados os cales, colocamos o bacallau e os mexillóns.

O bacallau é un peixe cun contido en graxa e en calorías baixo. Ten unha gran cantidade de proteínas de elevado valor biolóxico. É rico en calcio, necesario para fortalecer os ósos, e tamén en potasio, elemento moi necesario para a saudable contracción dos músculos e do corazón. Os mexillóns ao igual que o bacallau son unha fonte proteica de excelente calidade. Conteñen un baixo nivel de colesterol ao igual que de graxas. Tanto o bacallau como o mexillón teñen iodo que regula o funcionamento da glándula tiroide. Ademais, o mexillón unha cantidade significativa de ferro.