As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Asado de porco con piña

Asado de porco con piña

Información nutricional:

Kcal: 579,9
Proteínas: 28,1%
Hidratos de carbono: 31,7%
Lípidos: 40,2%

Ingredientes

  • 120 g lombo porco
  • 80 g pataca
  • 75 g piña
  • 100 mL zume piña
  • 100 mL caldo carne
  • 75 mL viño branco
  • 2 dentes (10g) allo
  • perexil
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 10 a 15 minutos

Dourar o lombo de porco nunha tixola con aceite, troceado en anacos máis ben pequenos. Engadir o caldo e zume ata completar cocción da carne, se é necesario engadir máis líquido. Acompañar de patacas fritas e de piña marcada á prancha.

Vantaxes:
A carne de porco contén todas as substancias minerais esenciais para o organismo (excepto o calcio). Destaca o seu aporte de ferro hemo, facilmente absorbible. A carne de porco non aporta vitaminas liposolubles, fóra das vísceras como o fígado, rico en vitamina A e D. Si contén vitaminas do complexo B, excepto o ácido fólico.

Inconvenientes:
O porco dixírese con bastante máis dificultade que outras carnes, sendo o seu consumo pouco adecuado para nenos e persoas maiores. Tampouco se aconsella para hipertensos e para persoas con exceso de colesterol. Polo seu elevado índice de graxa aconséllase un consumo prudente e medido.