Arroz de mariscos
Ingredientes
Racións: 1 persona
- 10 g Aceite de oliva
- 5 g Allo
- 40 g Ameixa
- 110 g Arroz
- 70 g Lura
- 27 g Gamba
- 30 g Peituga de polo
- 40 g Pemento vermello
- 1 g Sal
Instruccións
Primeiro aliñamos o polo e fritímolo, lixeiramente, nunha tixola con aceite xunto con allo en po. Retirámolo e douramos as luras. Para facer o arroz botamos o aceite usado para os refritos nunha paella e engadimos o arroz. Para facer as ameixas cocémolas en auga para facilitar a súa apertura, reservamos a auga e, logo, engadímoslle o azafrán e poñémola a ferver. Engadimos este caldo ao arroz que contén todos os ingredientes, agás as ameixas e os pementos que os colocaremos ao final. Tras colocar estes últimos ingredientes deixamos en repouso.
O arroz é un cereal cuxo gran se atopa recuberto dunha casca moi rica en proteínas, minerais e vitaminas, como o selenio, o magnesio e o fósforo. Ten a calidade de ter hidratos de carbono que se liberan moi lentamente no organismo e lograr, deste xeito, que sexa moi doado de dixerir. As gambas que acompañan ao arroz, conteñen iodo, cuxa función é intervir na síntese de hormonas tiroideas. Teñen un elevado nivel de colesterol, ao igual que as luras. Estas tamén posúen proteínas de alto valor biolóxico e son ricas en minerais como o fósforo e sodio, este último non beneficia as persoas con hipertensión arterial. As ameixas proporcionan ferro ao prato, o que resulta beneficioso para persoas con anemia.