As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Arroz con setas

Arroz con setas

Información nutricional:

Kcal: 178,9
Proteínas: 9,2%
Hidratos de carbono: 63,4%
Lípidos: 27,4%

Ingredientes

  • 80 g arroz
  • 50 g setas
  • 50 g salsa tomate
  • 25 g chícharos
  • 25 g cenoria
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Nunha placa de forno refogar a cenoria e as setas. Engadir o arroz, a salsa de tomate e mollar co dobre de líquido, cando empece a ferver engadimos os chícharos e introducimos no forno 15 min aproximadamente, a 180ºC.

Vantaxes:
O compoñente maioritario do arroz é o amidón (70-80%). O contido de proteínas do arroz rolda o 7%, e contén naturalmente apreciables cantidades de tiamina ou vitamina B1, riboflavina ou vitamina B2 e niacina ou vitamina B3, así como fósforo e potasio. Pero no proceso de refinamento e pulido, pérdese ata o 50% do seu contido en minerais e o 85 % das vitaminas do grupo B, quedando xa que logo convertido nun alimento sobre todo enerxético. O arroz é un alimento positivo para a prevención e mellora dalgunhas patoloxías, como a hipertensión e a hipercolesterolemia, debido ó seu baixo contido en sodio. Ademais, a súa excelente dixestibilidade, ligada a unha acción astrinxente (debida á carencia de fibra), fan do arroz un alimento indicado para recuperar a mucosa intestinal tras unha gastroenterite.