Arroz con sepia
Información nutricional:
Kcal: 240,1
Proteínas: 26,7%
Hidratos de carbono: 46,2%
Lípidos: 27,1%
Ingredientes
- 80 g arroz
- 100 g sepia
- 20 g salsa tomate
- 20 g pemento vermello
- 20 g pemento verde
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada (5mL) aceite oliva
- perexil
- tomiño
- pementa
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 30 a 40 minutos
Nunha paelleira ou similar refogar en aceite o allo, a cebola, o pemento e a sepia. Engadir o arroz e a continuación o tomate e o caldo coloreado. Meter no forno 18 minutos a 180ºC e repousar 5min. Servir no mesmo recipiente. Cubrir con perexil picado.
Vantaxes:
compoñente maioritario do arroz é o amidón (70-80%). O contido de proteínas do arroz rolda o 7%, e contén naturalmente apreciables cantidades de vitaminas do grupo B, así como fósforo e potasio. O arroz é un alimento positivo para a prevención e melloría dalgunhas patoloxías, como a hipertensión e a hipercolesterolemia, debido ó seu baixo contido en sodio. Ademais, a súa excelente dixestibilidade, ligada a unha acción astrinxente (debida á carencia de fibra), fan do arroz un alimento indicado para recuperar a mucosa intestinal tras unha gastroenterite. A sepia é un marisco cun baixo aporte calórico, facilmente dixerible, cun alto contido en proteínas e baixo en graxas. É rica en vitaminas do grupo B, fósforo, potasio e magnesio.