Arroz con salmón
Información nutricional:
Kcal: 417,9
Proteínas: 45,8%
Hidratos de carbono: 27%
Lípidos: 27,2%
Ingredientes
- 100 g salmón
- 1 vaso (200mL) caldo peixe
- 75 g arroz
- 25 g pemento verde
- 25 g pemento vermello
- 25 g cebola
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada (5mL) aceite oliva
- perexil
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 20 a 30 minutos
Nunha paelleira rustrir o allo picado en aceite e engadir a cebola e os pementos picados. Poñer o arroz e rustrir un momento. Engadir o caldo de peixe. Cocer 18 min, pero ós 10 min engadir o salmón en dados e probar de sal.
Vantaxes:
O arroz é rico en amidón, contén vitaminas do grupo B, fósforo e potasio. É un alimento positivo para a prevención e a mellora dalgunhas patoloxías como a hipertensión e a hipercolesterolemia, debido ó seu baixo contido en sodio. O salmón é un peixe azul, cun alto contido en proteínas e ácidos omega 3, que contribúen a baixar o colesterol. Ademais os ácidos graxos omega-3 axudan a controlar a presión arterial, mellorar a función cardíaca e reducir o impacto doutros factores de risco cardiovascular. A súa riqueza en graxa fai que o salmón conteña cantidades interesantes dalgunhas vitaminas como A e D, ademais de ser fonte de magnesio e iodo.
Inconvenientes:
Ó igual que os demais peixes azuis, o salmón presenta o inconveniente de conter purinas, que no organismo se transforman en ácido úrico, polo que é aconsellable limitar o seu consumo en caso de hiperuricemia ou gota.