As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Arroz con pementos

Arroz con pementos

Información nutricional:

Kcal: 201,8
Proteínas: 7,8%
Hidratos de carbono: 64,9%
Lípidos: 27,3%

Ingredientes

  • 80 g arroz
  • 1 vaso (200 mL) caldo verduras
  • 60 g pemento verde
  • 60 g pemento piquillo
  • 30 g cebola
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • colorante alimentario
  • perexil
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 40 a 50 minutos

Preparar as verduras para o rustrido, cortando a cebola, e os pementos, xa sen sementes, en cadradiños. Quentar o aceite nunha cazola e rustrir a cebola e o allo picado a lume lento durante uns cinco minutos. Engadir os pementos e deixar cocer a mestura a lume medio ata que empeza a dourarse. Poñer a punto de sal. Engadir o arroz e a cullerada de colorante alimentario e deixar refogar coas verduras. Cubrir co caldo de verduras ou con auga (o dobre de líquido que de arroz) e deixar a lume suave durante 15 minutos. Deixar repousar durante 5 minutos destapado e xa estará listo para servir.

Vantaxes:
O compoñente maioritario do arroz é o amidón (70-80%). O contido de proteínas do arroz rolda o 7%, e contén naturalmente apreciables cantidades de tiamina ou vitamina B1, riboflavina ou vitamina B2 e niacina ou vitamina B3, así como fósforo e potasio. Pero no proceso de refinamento e pulido, pérdese ata o 50% do seu contido en minerais e o 85 % das vitaminas do grupo B, quedando xa que logo convertido nun alimento sobre todo enerxético. O arroz é un alimento positivo para a prevención e mellora dalgunhas patoloxías, como a hipertensión e a hipercolesterolemia, debido ó seu baixo contido en sodio. Ademais, a súa excelente dixestibilidade, ligada a unha acción astrinxente (debida á carencia de fibra), fan do arroz un alimento indicado para recuperar a mucosa intestinal tras unha gastroenterite.