Arroz con leite
Información nutricional:
Kcal: 384
Proteínas: 8,1%
Hidratos de carbono: 73,9%
Lípidos:17,9%
Ingredientes
- 50 g arroz
- 50 g azucre
- 1 vaso (200 mL) leite
- 1 monda de limón e laranxa
- canela en rama
Instruccións
Tempo preparación: De 15 a 20 minutos
Branquear o arroz en auga abundante fervendo durante 12 min. Á parte, ferver o leite coa monda de laranxa, limón e canela en rama. Pasar o arroz escorrido do auga ó leite e cocer ata que estea cremoso e cocido. Engadir o azucre xusto antes de sacar do lume e deixar arrefriar. Cubrir de canela molida.
Vantaxes:
Esta sobremesa contén as grandes propiedades do arroz, como prevención de certas patoloxías, e as excelentes propiedades do leite.
O leite é un dos alimentos máis completos. Entre os seus compoñentes atopamos vitaminas A, C, e do grupo B, riboflavina e niacina; ademais de ferro, calcio, e proteínas. O seu consumo habitual diminúe nun 60% o risco de contraer cancro de mama, grazas á lactosa; o seu contido en calcio fai que sexa indispensable para evitar a osteoporose, e o seu contido vitamínico fai que o seu consumo habitual supla un terzo das nosas necesidades diarias.