As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Arroz con bacallau e verduras

Arroz con bacallau e verduras

Información nutricional:

Kcal: 298,6
Proteínas: 22,6%
Hidratos de carbono: 43,8%
Lípidos: 33,6%

Ingredientes

  • 70 g arroz
  • 1 vaso (250 mL) caldo verduras
  • 50 g cebola
  • 50 g bacallau migas
  • 25 g champiñóns laminados
  • 40 g cabaciño
  • 20 g pemento vermello
  • 20 g cabaza
  • 20 g tomate
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Facer un rustrido coas verduras , cortando o cabaciño, cabaza, cebola, pementos e tomate en dados. Facer un arroz en branco e engadilo ao rustrido. Incorporar as migas de bacallau ata a súa cocción.

Vantaxes:
O compoñente maioritario do arroz é o amidón (70-80%). O contido de proteínas do arroz rolda o 7%, e contén naturalmente apreciables cantidades de tiamina ou vitamina B1, riboflavina ou vitamina B2 e niacina ou vitamina B3, así como fósforo e potasio. Pero no proceso de refinamento e pulido, pérdese ata o 50% do seu contido en minerais e o 85 % das vitaminas do grupo B, quedando xa que logo convertido nun alimento sobre todo enerxético. O arroz é un alimento positivo para a prevención e mellora dalgunhas patoloxías, como a hipertensión e a hipercolesterolemia, debido ó seu baixo contido en sodio. Ademais, a súa excelente dixestibilidade, ligada a unha acción astrinxente (debida á carencia de fibra), fan do arroz un alimento indicado para recuperar a mucosa intestinal tras unha gastroenterite.