Arroz con bacallau
Información nutricional:
Kcal: 249,7
Proteínas: 32,1%
Hidratos de carbono: 47,8%
Lípidos: 20,1%
Ingredientes
- 80 g arroz
- 60 g bacallau
- 60 g tomate
- 40 g chícharos
- 30 g cebola
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 30 a 40 minutos
Poñer o aceite nunha cazola de barro, quentar e fritir a cebola, a continuación, engadir o tomate pelado, os chícharos o bacallau e o arroz, engadir auga fervendo (o dobre que de arroz). Deixar facer 20 minutos. Cubrir con allo e perexil picado.
Vantaxes:
O compoñente maioritario do arroz é o amidón (70-80%). O contido de proteínas do arroz rolda o 7%, e contén naturalmente apreciables cantidades de tiamina ou vitamina B1, riboflavina ou vitamina B2 e niacina ou vitamina B3, así como fósforo e potasio. Pero no proceso de refinamento e pulido, pérdese ata o 50% do seu contido en minerais e o 85 % das vitaminas do grupo B, quedando xa que logo convertido nun alimento sobre todo enerxético. O arroz é un alimento positivo para a prevención e mellora dalgunhas patoloxías, como a hipertensión e a hipercolesterolemia, debido ó seu baixo contido en sodio. Ademais, a súa excelente dixestibilidade, ligada a unha acción astrinxente (debida á carencia de fibra), fan do arroz un alimento indicado para recuperar a mucosa intestinal tras unha gastroenterite.