As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Amendoados de Allariz

Amendoados de Allariz

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 12 g Améndoa torrada
  • 12 g Azucre
  • 0.5 g Canela
  • 6 g Clara de ovo
  • 0 g Oblea

Instruccións

Mestura a améndoa co azucre e engade, pouco a pouco, as claras de ovo. Mestúrase moi ben e póñense, cunha culler sopeira, montóns pequenos de masa en cada oblea ou sobre papel de barba de forno. Cubrimos con algo de azucre e canela e cócense a forno medio a 190 ºC.

É unha sobremesa típica da vila de Allariz en Ourense. Allariz era, noutra época, unha vila con abundantes amendoeiras e aproveitouse a presenza deste froito para a elaboración desta sobremesa que empezaron a facer as monxas clarisas do convento. Hoxe en día é un produto moi valorado que conta con denominación de orixe.