Acelgas refogadas con ovo cocido
Información nutricional:
Kcal: 271,4
Proteínas: 14,8%
Hidratos de carbono: 33,3%
Lípidos: 51,9%
Ingredientes
- 125 g acelgas
- 60 g pataca
- 60 g salsa tomate
- 25 g ovo
- 20 g cebola
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- pementón doce
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 20 a 30 minutos
Cocer as acelgas en auga abundante con sal, cando estean cocidas escorrer. Refogar o allo e cebola picada no aceite e engadir as acelgas. Adicionar a salsa de tomate e deixar facer uns minutos. Acompañar de ovo cocido.
Vantaxes:
O principal compoñente das acelgas é a auga, e as porcentaxes dos macronutrientes (proteínas, hidratos de carbono e lípidos) son moi baixas, polo que se converte nun alimento moi recomendado en dietas de adelgazamento. As acelgas son ricas en nutrientes reguladores como fibra, minerais e vitaminas, presenta un elevado contido en folatos, provitamina A e vitamina C. En canto os minerais, contén potasio, magnesio, sodio, iodo, ferro e calcio. Todas estas substancias aportan numerosos beneficios para o organismo. Ademais contén ácido oxálico, que prevén a formación de cálculos renais e artrites.