TODA A EXPERIENCIA DAS NOSAS INSIGNIAS PRESENTADAS BAIXO UN MODELO NOVO E DE PROXIMIDADE

Plenus Supermercados representa un concepto actual, novo e próximo dentro do universo da distribución alimentaria.

As nosas señas de identidade

Descobre o que nos fai diferentes e en que se basea a nosa filosofía.

Unha clara e decidida aposta polos frescos, a gama de produto onde nos desmarcamos e somos fortes fronte á competencia.

Unha coidada selección de produtos de máxima calidade e primeiras marcas.

Política comercial orientada a lograr unha grande capacidade competitiva, para que o cliente se beneficie á hora de facer a súa compra diaria.

Instalacións e equipamento que transmiten modernidade desde as primeiras sensacións, cunha fácil exposición visual dos produtos.

SPAR, A NOSA MARCA BRANCA EN EXCLUSIVA PARA GALICIA

Pomos a disposición dos nosos clientes, cada día, máis de 1.800 referencias de produto da marca Spar. E facémolo en exclusiva para toda Galicia.

Grazas ao noso acordo con Spar Española, toda a rede de supermercados do Grupo Cuevas dispón hoxe de referencias desta marca de prestixio e excelente relación calidade-prezo en produtos de alimentación seca; conservas de peixe e de carne, e pratos preparados; refrixerados, lácteos e pratos cociñados; conservas vexetais, froitas e encurtidos; leite, batidos e ovos; conxelados; mascotas…; e a familia de perfumaría e drogaría baixo a marca “Sensations”.

canal cociña e dieta atlántico galega

Accede a unha gran variedade de receitas, todas elas sas e equilibradas, elaboradas por un equipo de nutricionistas e seleccionadas para que cada día poidas ter unha alimentación saudable.

Estas son algunhas das nosas receitas:

Contacta con nós

Podes poñerte en contacto connosco para calquera consulta ou opinión a través destes medios.

Ciudad del Transporte, Parcela E1-F1
Polígono de San Cibrao das Viñas
32901 San Cibrao das Viñas
Ourense
Ver mapa

Tel +34 988 211 013
Fax +34 988 214 045

Fainos chegar a túa opinión ou suxerencias dende:
info@grupocuevas.com