Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

OS EMPREGADOS DE GRUPO CUEVAS DECIDEN QUE FINALIDADE TERÁN AS DOAZÓNS DA COMPAÑÍA

4 Decembro, 2020

Cruz Vermella, a Asociación Española Contra o Cancro (AECC), e a Fundación Meniños son as destinatarias da doazón solidaria, impulsada por Grupo Cuevas, e que se enmarca no programa social que iniciaba o seu camiño en abril de 2019. Estas son as tres organizacións máis votadas polos traballadores e traballadoras da compañía ourensá e as que recibiron un donativo que se oficializaba esta mañá nun acto conmemorativo do próximo Día Internacional do Voluntariado. Artur Yuste, director xeral de Grupo Cuevas, que considera esta data especialmente relevante “porque é de xustiza agradecer todos os esforzos realizados polos voluntarios e as súas organizacións na provincia, máis aínda en tempos de pandemia”, ademais de recoñecer tamén que o voluntariado “é clave para a transformación porque é capaz de cambiar as mentalidades, actitudes e comportamentos na forma de convivir. Fainos mellores a todos e axúdanos a ampliar os nosos universos persoais cara á xenerosidade e
a compresión".
Na imaxe axunta: o acto de doazón celebrado esta mañá nas oficinas centrais de Grupo Cuevas. De esquerda a dereita: Felipe Feijóo e Carmen González, de Cruz Vermella, Yudit González da Fundación Meniños; Artur Yuste, director xeral de Grupo Cuevas, Rocío Taboada, Lita González e Agustín Pérez da Asociación Española Contra o Cancro.
Ver imaxe

Ler nota de prensa