Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

O GRUPO CUEVAS PATROCINA O CONCURSO GOURMET “JÓVENES CENTENARIOS”

13 Xaneiro, 2017

Grupo Cuevas chega a esta edición de Xantar Salón Internacional de Turismo Gastronómico abandeirando o 5.º concurso gourmet, baixo o nome de “Jóvenes Centenarios”. O certame xirará ao redor das máximas que construíron a identidade de Grupo Cuevas ao longo da súa historia: a innovación e a experiencia, a modernidade e a tradición, o emprendemento, a alimentación sa e a solidez dun grupo netamente ourensán.
Dividido en dúas categorías, a profesional e a de afeccionado, o concurso terá como obxectivo promover a cociña autóctona a través dos produtos gourmet e das materias primas galegas de calidade, transformándoas en pratos tradicionais ou innovadores e que, dalgunha forma, recollan as esixencias sobre a que construíu a súa identidade o Grupo Cuevas.
Como firmes defensores da alimentación saudable e sa, Grupo Cuevas estará tamén presente na aula gastronómica que contará cunha completa axenda de shokcookings e conferencias. Nesta aula cociñarán tamén os oito finalistas do concurso gourmet, que prepararán, en directo, as receitas preseleccionadas polo xurado.
Finalmente, a entrega de premios terá lugar o domingo 5 de febreiro, durante a celebración da clausura oficial da 18.º edición de Xantar Salón Internacional de Turismo Gastronómico.
A presenza de Grupo Cuevas en Xantar forma parte dunha completa axenda de eventos que a compañía preparou para este 2017, con motivo do seu 150 aniversario.