INAUGURAMOS A EXPOSICIÓN DO CONCURSO IGNACIO DE LAS CUEVAS DE CREATIVIDADE ARTÍSTICA
19 Xuño, 2017
As salas de La Molinera, en Ourense, acollerán a partir de hoxe e ata o 3 de xullo, as dúas obras gañadoras e os 34 traballos finalistas do Concurso “Ignacio de las Cuevas” de creatividade artística, nos que se mostra unha nova reflexión e unha orixinal mirada dos autores sobre a relatividade do tempo, empregando ata 18 técnicas diferentes e a través de distintos soportes gráficos.
As obras gañadoras e finalistas comporán unha exposición itinerante, que forma parte dos actos do 150 aniversario do grupo ourensán, e que permitirá mostrar a selección en espazos urbanos das principais cidades galegas, entre xullo e setembro, pechando o percorrido novamente en Ourense.
Ver vídeo
Nota de prensa