Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

GRUPO CUEVAS RECIBE O PREMIO MENTOR QUE CONCEDE AJE OURENSE

26 Marzo, 2021

A Asociación de Novos Empresarios de Ourense (AJE) celebrou onte, no Salón de Actos da Tecnópole a IX Edición dos Premios AJE Ourense.
Neste acto foron recoñecidas co Premio a Mellor Empresario do ano 2020, Vanessa Pena e Jesica Osorio. Doutra banda, o premio a Mellor Iniciativa Emprendedora 2020, foi para a axencia de márketing dixital e informática Dixital Gou, impulsada por Pablo Lorenzo Sanmartín. O xurado dos Premios AJE outorgou o galardón ao Compromiso Social 2020 ao Banco de Alimentos de Ourense.
Grupo Cuevas tamén foi unha das empresas premiadas neste acto, co Premio Mentor, un recoñecemento ao espírito altruísta e construtivo da organización, que compartiu coa Asociación de Taxis de Ourense, e as empresas A Lebre Mensaxeira e Calidus e Galego cátering. Cada unha no seu ámbito, levaron a cabo iniciativas durante a corentena para protexer e axudar á poboación de maior risco, como repartición a domicilio de alimentos, menús ou viaxes gratuítos para o persoal sanitario. Carlos Costa, director comercial adxunto de Grupo Cuevas, foi o encargado de recoller este premio así como de agradecer á AJE a súa iniciativa e a posibilidade de seguir traballando por facer a vida máis fácil ás persoas.
Na imaxe a foto de familia de todos os premiados nesta edición.
Ver imaxe