Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

GRUPO CUEVAS REABRE MAÑÁ O SEU SUPERMERCADO MÁIS EMBLEMÁTICO DO RURAL

24 Marzo, 2021

Mañá xoves, día 25 de marzo, reabre as súas portas como Plenus o supermercado Aquí de Allariz, na provincia de Ourense. Con 17 anos de traxectoria, esta emblemática tenda que o centenario grupo ourensán abría na localidade de Allariz en xullo do ano 2003, alcanzará a súa maioría de idade reconvertido xa en Plenus Supermercados. A reforma deste local, ao que se destinaron máis de dous meses de traballo, dá un maior protagonismo ao espazo de frescos, poñendo o acento nas seccións con venda asistida nas que Grupo Cuevas destaca, como son a peixaría, cunha nova e ampliada localización, a froitería, que incorpora unha máquina para comercializar zume recentemente espremido, a carnicería e charcutería e, como novidade, unha desenvolvida sección de panadería con especial atención a referencias de produto do día e de proximidade así como a introdución da gama “recentemente enfornado”. A tenda, que será atendida por un equipo de 17 persoas, dará servizo en horario ininterrompido, de luns a sábado, desde as 9.15 horas ata as 21.30 horas.