Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

GRUPO CUEVAS PREMIA AOS SEUS PEQUENOS ARTISTAS

18 Decembro, 2011

Un ano máis, e van oito, Grupo Cuevas organizou unha gran festa infantil con motivo da entrega de premios do VIII Concurso de Tarxetas de Nadal. Ao acto, que tivo lugar no hotel Auriense, asistiron gran cantidade de nenos participantes, acompañados polos seus pais e familiares; xuntos gozaron cos monicreques, xogos e bailes. Despois unha merenda para repor forzas e volta á diversión. Pequenos e maiores participaron nas diversas actividades animados polos compoñentes de Duende Sico. Para a entrega de agasallos e diplomas aos finalistas e premiados, un personaxe de luxo, nin máis nin menos que Papá Noel.
Descargar postal

Ver galería 1

Ver galería 2

Ver galería 3

Ver galería 4