GRUPO CUEVAS LOGRA 3 INDICADORES ARDÁN NA SÚA EDICIÓN 2021
22 Outubro, 2021
O Consorcio da Zona Franca de Vigo, a través dos estudos realizados polo Servizo de Información Empresarial ARDÁN, recoñeceu a dúas das empresas que conforman Grupo Cuevas con tres indicadores na súa edición 2021.
Ignacio das Cuevas, empresa adicada á distribución alimentaria da compañía, recibiu o indicador GR, como empresa xeradora de riqueza ao presentar un EVA ( Economic Value Added) superior a 150.000 euros no primeiro ano e un crecemento superior ao 10% durante tres anos consecutivos e revalida o indicador IG que xa obtivera no ano 2020, como empresa que presenta altos valores de igualdade desde unha perspectiva de xénero no ámbito laboral.
Pola súa banda, Cuevas e Compañía, a empresa do grupo dedicada á transformación da castaña, obtén por primeira vez o indicador EC, como empresa que realiza a xestión da súa actividade baixo estándares e indicadores de economía circular. Este recoñecemento ten especial importancia xa que soamente un 5% das máis de 30.000 empresas analizadas en Galicia conseguiron superar estes esixentes criterios.
Ver indicadores