Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

GRUPO CUEVAS CRECEU EN 2021 O 10% EN VENDAS, O 13% EN BENEFICIOS E O 11% EN EMPREGO

28 Xuño, 2022

Grupo Cuevas deu continuidade en 2021 aos crecementos excepcionais de 2020 pola pandemia e anotou o seu segundo exercicio consecutivo con incremento de vendas a dobre dixito. A facturacion total da compania cifrouse en 137,2 millons de euros (un 10% mais que en 2020) e a especifica do negocio de alimentacion excedeu os 130 millons (un 11,1% mais que no exercicio previo).
Esta evolucion da cifra de negocio desmarcase da tendencia media do sector da distribucion alimentaria, que o ano pasado se estanco a nivel nacional e repetiu as magnitudes de 2020, segundo datos do informe Nielsen. Mentres, a compania centenaria estendeu a forte subida de vendas a un segundo exercicio, ao rendibilizar a sua estratexia de aperturas e ampliacion da rede comercial, de expansion territorial -para converterse en operador da zona noroeste-, de adaptacion aos novos habitos de consumo e de intensificacion da aposta polo rural.
O beneficio bruto de explotacion (ebitda) situouse en 5,5 millons, ao crecer un 13,1% en comparacion con 2020.
A suma de auxe de actividade e de expansion territorial ten reflexo nas cifras de emprego, que tamen alcanzaron teitos historicos. En 2021, o persoal medio de Cuevas estivo formada por 619 traballadores, 60 mais que no exercicio anterior. E ao 31 de decembro, coa achega do emprego estacional da campana de Nadal, a compania xeraba 735 postos de traballo, 35 mais que un ano antes. Asi, a media de empregados subiu un 10,7%.
Artur Yuste, director xeral de Grupo Cuevas, destaca como principais resultados do exercicio o maior ritmo de creacion de emprego e o “dobre dixito” en crecemento de facturacion: “Non existe boa estratexia empresarial se os crecementos non tenen un visible reflexo sobre o emprego, nin sobre as economias locais. No noso caso, manter os ritmos de crecemento de 2020, que foi un ano de record para o sector debido ao incremento do consumo domestico na pandemia, permitiunos mellorar a nosa contribucion sobre o emprego e sobre a dinamizacion dos territorios nos que temos presenza”, afirmou esta mana na presentacion dos resultados anuais.
HEXEMONIA DO RURAL
Grupo Cuevas, pioneiro en orientar o seu modelo de negocio a recuperacion das economias mais penalizadas polo despoboamento e o illamento, converteuse en 2021 nunha compania con hexemonia de vendas no rural. A sociedade matriz, Ignacio das Cuevas, que canaliza o negocio da distribucion alimentaria, rexistrou o ano pasado uns ingresos de 65,9 millons de euros en zonas rurais e de 56,7 millons nas areas urbanas. E nun ano, o peso do rural sobre as suas vendas pasou de representar o 52,8% (ano 2020) ao 53,7% (2021).
Dos 17 centros abertos polo grupo en 2021, 14 situaronse en pequenos nucleos de poboacion. As aperturas en zonas rurais achegaron mais de 10.000 metros cadrados de superficie – o 82 % do total de aperturas o ano pasado- na expansion de rede comercial despregada por Grupo Cuevas ao longo de todo o exercicio.
Os establecementos con implantacion fora das cidades e das areas metropolitanas, en municipios e comarcas con escaso desenvolvemento economico, xa son maioritarios por superficie (28.089 m2) – o 55,6% do total – e por numero de puntos na rede -65 tendas- das 93 que tina en total (50.438 m2) a decembro de 2021. Ademais, os supermercados de ambito rural sostenen o 39,2% dos empregos.
Ao 31 de decembro de 2021, a superficie global de Grupo Cuevas coa suma de centros propios, franquiados e loxistica superaba os 92.000 metros cadrados. A expansion e o crecemento da sala de venda conxunta tiveron continuidade no primeiro semestre de 2022, cunha apertura en San Cibrao e a incorporacion doutros 4 Spar Express a cadea galega. Desta forma, a superficie total alcanza os 94.120 metros cadrados.
Por outra banda, as compras a provedores locais desde a division de distribucion alimentaria, ascenderon o ano pasado a 52,3 millons de euros, dos que 43,3 millons beneficiaronse un total de 218 provedores galegos. En Asturias, comunidade na que Grupo Cuevas estreouse no segundo semestre de 2021 coa adquisicion do negocio da insignia Malaquias Morais, as compras a provedores locais elevaronse a 4,9 millons, e en Castela e Leon a 4 millons de euros. En dous anos -comparativa entre 2019 e 2021-, estas compras de proximidade pasaron en Galicia dun volume de 32,3 millons a dimension actual de 43,3 millons, cun incremento bianual do 34%. No mesmo periodo, a cifra de provedores de Galicia aumentou exponencialmente, ao pasar de 88 en 2019 a 218 en 2021 (crecemento do 148%).
CRECEMENTO E FLUXO INVESTIDOR DE CUEVAS E CIA
Entre as sociedades do grupo, no pasado exercicio volveu destacar a evolucion de Ignacio das Covas e de Cuevas e Cia. A primeira por impulsar as vendas un 11,5%, o beneficio bruto de explotacion (ebitda) un 16,1% e a media anual de emprego un 11,5%, e por superar os 120 millons en cifra de negocio, e a segunda por lograr o maior crecemento porcentual de facturacion, cunha subida do 17,9%.
Ademais, a empresa que exerce como gran plataforma galega do sector da castana tamen compartiu coa sociedade matriz o dinamismo nos investimentos. Cuevas e Cia destinou importantes partidas a innovacion, fundamentalmente a renovacion e adquisicion de equipos, que van desde o cambio da tecnoloxia de conxelacion ata a compra dunha marmita de coccion industrial e dunha etiquetadora, asi como a construcion dunha depuradora con capacidade para tratar 160.000 litros de auga ao dia.
O fluxo investidor da empresa que universalizo o marron glace galego esta a ter continuidade coa instalacion de 264 paneis solares, capaces de abastecer en autoconsumo o 25% da enerxia que utiliza. En conxunto, o grupo destinou en 2021 un total de 2,9 millons a investimentos.

COMPROMISO COA SUSTENTABILIDADE E A ECONOMIA CIRCULAR
A sustentabilidade, a economia circular, a xestion de residuos, a reciclaxe e a loita contra o desperdicio alimentario foron os piares do exercicio en proteccion do medio ambiente e en responsabilidade social corporativa. Actualmente contan con abastecemento en forma de enerxia fotovoltaica as oficinas centrais da Cidade do Transporte, doutras sedes do grupo, asi como varios supermercados e centros almacenistas. Este ano seguiranse acometendo estas dotacions ata alcanzar un total de dez centros entre tendas e instalacions das outras empresas do grupo. A potencia renovable instalada ascendera a mais de 1 MW que supuxo un investimento proximo aos 700.000 euros e que esta a facilitar xa unha achega enerxetica de entre o 30 e o 40%, en funcion do centro.
Ao finalizar 2021 Grupo Cuevas evitou a emision de mais de 100 toneladas de CO2 a atmosfera e cando alcance a implantacion total de instalacions previstas superara as 600 toneladas de CO2 que non chegaran ao noso Medio Ambiente.
En economia circular, destaca o uso de pales ecoloxicos con certificacion de xestion forestal sostible FSC, a mais esixente e comprometida co medio ambiente e a explotacion responsable dos bosques.
Os puntos de venda de Grupo Cuevas deron o ano pasado unha segunda vida, a traves da reciclaxe, a 168 toneladas de papel e carton, e a 42 de plasticos e embalaxes. Pola sua banda, os clientes contribuiron a recollida de 715 quilos de aceite usado e 746 de pilas.
Ver imaxe

Ver presentacion completa